Ribeiro en Común pide que a rehabilitación comece polos inmobles municipais en ruínas

MOCIÓN PARA QUE A XUNTA DE GALICIA REHABILITE E OFERTE VIVENDA PÚBLICA EN RIBADAVIA NOS INMOBLES PROPIEDADE DO CONCELLO.

 

5Da0sDGdWAAEOFgvDa0sDGbWAAI6F3c

casa rio

casa ribeira do Avia, municipal

casa rio2

casa ribeira do Avia, municipal

casa concello2

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Pleno de Ribadavia ten aprobados reiterados acordos a proposta do grupo municipal de Ribeiro en Común para a reforma dos inmobles de propiedade municipal en situación ruinosa no casco histórico. A última vez foi o Pleno de xaneiro de 2019 quen o aprobou por unanidamide.

Despois de ver o anuncio de que a Xunta vai adquirir novos inmobles no casco histórico para a súa reforma, Ribeiro en Común ve necesario e urxente que toda a corporación de Ribadavia lle reclame á Xunta de Galicia que antes de adquirir novos inmobles, se prioricen os que son de titularidade municipal.

Calquera investimento que se anuncie é sempre relativo en período preelectoral, na que os partidos políticos fan promesas que demasiadas veces non se chegan a cumprir. En relación a posta en valor do casco histórico e aos Plans de reforma de vivenda pública, non parece o máis eficaz nin eficiente anunciar que se van adquirir novas vivendas por parte da Xunta, cando Ribeiro en Común levamos toda a lexislatura reclamando que a Xunta arranxe as que son propiedade do Concello e que o goberno local ten totalmente abandonadas. Parece que o máis intelixente sería anunciar que a Xunta reforme as casas do Concello e non gaste diñeiro público en adquirir novos inmobles.

Así, a Xunta de Galicia ven de anunciar unha nova convocatoria do programa de rehabilitación de vivendas Rexurbe, oferta que vai dirixida exclusivamente á adquisición, en pleno dominio e libre de cargas e gravámens, de inmobles de titularidade privada. Este anuncio inclúe a compra pública de inmobles no casco histórico de Ribadavia, anuncio feito pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ribeiro en Común considera que as institucións públicas están obrigadas a xestionar os recursos públicos de maneira eficiente e polo tanto debe comezarse reformando as vivendas municipais, xa propiedade pública, no lugar de adquirir novos inmobles como ven de anunciar a conselleira do PP. Así,  pedirá nunha nova Moción o cumprimento dos acordos do Pleno que xa aprobou reiteradas veces a iniciativa de Ribeiro en Común a reforma e rehabilitación dos inmobles propiedade do Concello que se atopan en estado ruinoso.

Non sería de recibo adquirir por unha Administración  novos inmobles en Ribadavia para a súa reforma mentres desde o Concello e a Xunta deixan que os inmobles propiedade municipal continúen en estado ruinoso.

 

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de  Ribadavia a adopción dos seguintes ACORDOS:

  1. Que o PLENO do Concello de Ribadavia lle reclame á Xunta de Galicia, a prioridade para Ribadavia da reforma e rehabilitación dos inmobles no casco histórico de propiedade municipal co obxectivo de destinalos para Vivenda Pública, sendo compatible esta acción co anunciado Plan Rexurbe.
  2. Que o PLENO do Concello de Ribadavia lle pida á XUNTA DE GALICIA que se priorice a reforma de inmobles municipais, xa en mans dunha Administración pública, sobre a adquisición de novos inmobles privados, sen menoscabo do citado Plan Rexurbe.

 

En Ribadavia a 14 de marzo de 2019.

Advertisements
Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Ribeiro en Común: grupo con máis iniciativas e propostas para o Pleno municipal de Ribadavia

201811_ReC_Portada_rrss_1

Ribeiro en Común ten rexistradas 5 Mocións para o Pleno de Ribadavia.

  • Volvemos ser o grupo con máis actividade municipal e propostas rexistradas, como ven sendo a tónica en toda a lexislatura.
  • Temos rexistradas ademais unha serie de Peticións: 1º. Pedimos coherencia e dilixencia na Contratación dos Auxiliares de Policía municipal. 2º. Esiximos a reparación inmediata dunha avaría na rede de sumidoiros en Santo André.

Ribadavia a 26 de febreiro de 2019.

Este xoves hai Pleno de Ribadavia e Ribeiro en Común leva 5 Mocións e varias propostas que foi rexistrando ao longo do mes de febreiro.

As Mocións son as seguintes:

1ª. Construción Pasarela peonil entre A Veronza e o Pavillón do Consello.

2ª. Reforma do entorno da Porta Nova de Ribadavia, creación dunha nova praza e arranxo do Parque Robla.

3ª. Creación dunha zona de aparcamento para os Residentes e comercios do Casco Histórico na rúa extramuros.

4ª. Compra urxente de material de Seguridade para intervencións do GES- Emerxencias de Ribadavia.

5ª Nomeamento de Fillo Predilecto de Ribadavia ao Poeta Gómez Alfaro.

 

Así mesmo as Propostas rexistradas son:

1ª. Ribeiro en Común criticamos a tardanza na contratación de Auxiliares de Policía Municipal que reforcen o servizo. Rexistramos a petición,  fai máis de 20 días, da contratación por parte do Concello de 3 Auxiliares de Policía Local. Nun momento no que o Concello ten só 3 axentes, perdendo 6 nos últimos meses, e a pesar de ser advertido polo noso grupo, a realidade é que unha vez máis o actual goberno chega tarde.

Ademais Ribeiro en Común critica a improvisación e deixadez do actual goberno  no servizo municipal de Policía coa consecuencia inmediata de deixar o servizo en mínimos históricos pola falta de previsión e total improvisación, a pesar de que o noso grupo leva moito tempo advertíndoo e demandando un reforzo do servizo.

Agora, hoxe mesmo preséntannos aos grupos unha proposta de acordo para o Pleno do Xoves, que na opinión de Ribeiro en Común é incoherente, xa que desde o noso punto de vista o proceso para a Contratación dos Auxiliares debera estar feita fai moito tempo, e ademais debera seguir o mesmo procedemento que para o proceso de Oposición das 5 prazas de Policía Local convocadas. Mentres o goberno opta por facer un proceso organizado polo Concello no caso da oposición de 5 axentes de Policía local, decide que sexa a Xunta quen  leve o proceso de contratación dos Auxiliares de reforcen temporais.

Ribeiro en Común esixe que se arranxe a avaría da rede de sumidoiros en Santo André.

Tamén o día 5 de febreiro rexistrou por escrito a reclamación para que o Concello proceda a arranxar o sumidoiro avaríado en Santo André de Camporredondo, no lugar de Fondevila, onde levamos máis de 20 días cos sumidoiros a verter directamente á superficie as augas fecais e residuos que van directamente a un regueiro próximo que vai dar ao río Avia. Ribeiro en Común esixirá unha vez máis que o Concello cumpra coas súas obrigas e non deixe abandonada unha das súas principais obrigas e funcións: a rede de sumidoiros e abastecemento de auga que a lei lle obriga ao Concello de Ribadavia a cumprir.

A pesar desta obriga, desde o Concello ignoran dita petición desde fai semanas.

Recordamos que o noso grupo xa conseguiu aprobar en febreiro de 2018, fai un ano, unha Moción para que desde o Concello de Ribadavia procedera a mellora a rede desta parroquia ribadaviense, o resultado é que un ano despois desde o goberno nada se fixo e as avarías continúan a producirse.

 

#SeguimosTraballandoParaUnConcelloMellor

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Nomeamento de Fillo Predilecto de Ribadavia a Xosé Carlos Gómez Alfaro

 

 

MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO DE RIBADAVIA NOMEE FILLO PREDILECTO DE RIBADAVIA, A TÍTULO PÓSTUMO, A DON XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Ribeiro en Común  fai a proposta de Nomeamento de Fillo Predilecto, a título póstumo, de Don Xosé Carlos Gómez Alfaro, cando se cumpre neste ano 2019 o 70 aniversario do seu nacemento. Persoa do noso municipio e de demostrada calidade, mérito e servizo en beneficio e honra de Ribadavia, e do Ribeiro, requisitos recollidos no Regulamento de honras e distincións do Concello de Ribadavia.

Xosé Carlos Gómez Alfaro, poeta do Ribeiro, nace nas Chabolas o 10 de febreiro de 1949. Estudou, coma moitos da súa xeración, no Seminario de Ourense,  e fixo a licenciatura en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de secundaria na Guarda durante 30 anos. Foi un escritor galego que destacou pola súa faceta como poeta. Deuse a coñecer co libro “De rodillas” en 1969. A partir de 1970 escribirá só en galego. Como deixou escrito Román Raña, “Xosé Carlos Gómez Alfaro tamén publicou textos prosísticos, sendo colaborador de diversas revistas e xornais editados en Galicia. A pesar de ser un home de humildes silencios, de non se prodigar en actos públicos, de defender e preservar a súa privacidade dun modo esaxeradamente obstinado, veremos porén que, pouco e pouco, o seu recoñecemento público foi aumentando considerablemente nos últimos anos e mereceu, por todo isto, varios premios poéticos e xornalísticos, entre os que debemos salientar os Meigas e Trasgos, Rosalía de Castro, Concello de Marín, o Antón Tovar e o premio de poesía Cidade de Ourense en dúas ocasións, nos anos 2004 e 2006”.

A súa obra de Poesía:

As labaradas da lembranza, Mancomunidade do Baixo Miño, 1996.

Alba plena do alén, Espiral Maior, 1997.

Os ciclóns do sino, Deputación de Ourense, 1997.

Matria da néboa, Ediciós do Castro, 1997.

Ofertorio de solpores, Espiral Maior, 1999.

Pasos cara á alba, Follas Novas Edicións, 2000.

Alén do lume, Espiral Maior, 2002.

O clamor da eclipse, Espiral Maior, 2004.

Confíteor, Litoral das Rías, 2005.

Mar aberto, Espiral Maior, 2007.

Poesía galega toda, Editorial Danú/PEN Clube de Galicia, 2009. Edición de Román Raña.

Obras colectivas:

Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.

23 poetas cantan a don Antonio Machado, Hipocampo, 2004.

Poetas con Rosalía, Fundación Rosalía de Castro, 2006.

A Coruña á luz das letras, Trifolium, 2008.

Tamén navegar, Toxosoutos, 2011.

 

Gómez Alfaro falecerá na Guarda o 14 de maio de 2008. O 19 de setembro de 2009 tivo lugar no noso municipio unha xornada de lembranza e homenaxe do noso poeta organizada polo Centro PEN- Galicia e na que participaron o Concello de Ribadavia e o Concello de Cenlle , así como a Deputación e a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia. Un programa vizoso que contou cunha representación de altura do mundo da poesía e das letras galegas. Nesta xornada do ano 2009 tamén se desvelou unha placa de memoria e homenaxe na súa casa natal.

Recordamos que recentemente o Concello da Guarda realizou en novembro de 2018 o nomeamento de fillo adoptivo de dito Concello,  onde Gómez Alfaro se estableceu como profesor durante décadas.

Desde a nosa humilde opinión, o pobo ribadaviense, representado pola súa Corporación Municipal en Pleno, debe tributarlle a título póstumo, esta homenaxe merecida en resposta e agradecemento das innumerables creacións que o noso Poeta dedicou ás terras de Ribadavia e do Ribeiro, e das que foi un inmellorable embaixador e valedor.

 

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do seguinte ACORDO:

  • Que o Concello de Ribadavia proceda ao Nomeamento de fillo predilecto de Ribadavia a título póstumo, a Don Xosé Carlos Gómez Alfaro. Seguindo o Regulamento de honras e distincións do Concello de Ribadavia de 29 de xuño de 2012.

 

 

En Ribadavia a 10 de febreiro de 2019.

 

Asdo.: Brais Fidalgo Martínez

Portavoz do Grupo municipal de Ribeiro en Común

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

A Praza de Abastos terá 2 negocios novos adxudicados por concurso aberto e público

A praza de abastos tivo un procedemento aberto e público polo cal  ocuparanse 7 novos postos por parte de 2 emprendedores.

praza abastos

Este concurso público foi posible grazas á demanda de Ribeiro en Común fronte ao criterio do Alcalde quen en 2017 non quería un concurso aberto e público.

Son 2 proxectos relacionados coa hostalería  e a restauración que poderán ter un efecto dinamizador para toda a praza de abastos e toda a zona onde está ubicada. Sen dúbida unha grande noticia para o mercado municipal.

Para Ribeiro en Común é unha moi boa noticia que foi posible grazas a un concurso aberto e transparente conseguido polo noso grupo despois de varias mocións e propostas reclamándoo.

No momento actual de reivindicación que vive o comercio e en particular o comercio ribadaviense, esta noticia dá certa esperanza de que Ribadavia pode mellorarse. Queremos mostrar un agradecemento profundo e sincero con todos aqueles que deciden investir e apostar por Ribadavia, e en especial no Mercado municipal, desexándolle o mellor a estes dous proxectos novos. Estamos seguros que lles irá moi ben, pois son emprendedores con moita experiencia e capacidade.

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Ribeiro En Común reclama unha vez máis zonas de aparcamento para residentes e comercios do casco histórico

  • Hai numerosas queixas veciñais pola problematica para poder aparcar na rúa San Martiño, no entorno da fonte dos dous canos, e rúa Extramuros, desde a Portanova en diante.
  • Desde o Concello debe regularse e ordenar o tráfico e as zonas de aparcamento, non se pode seguir mirando para outro lado. Os residentes e os comercios da zona monumental deben ter prioridade, tal e como xa fan noutros concellos.

imaxe zona portanova extramuros

Ribadavavia a 15 de febreiro de 2019.

Durante toda a lexislatura o grupo de Ribeiro en Común demandou que desde o Concello se lle prestara atención á demanda que existe na zona monumental de Ribadavia para o aparcamento dos veciños e veciñas. A pesar desta reclamación  o goberno local ignorou esta problemática. Ribeiro en Común levará unha vez máis ao Pleno que se aproben zonas específicas para veciños e veciñas do casco histórico así como para clientes do comercio local.

No seu día creouse, desde o Concello fai máis de 10 anos, unha tarxeta para residentes que foi todo un fracaso xa que os puntos de entrada e saída acabaron oxidados e sen chegarse nunca a usar, e iso a pesar dos milleiros de euros que custou.

Os veciños e veciñas teñen unha dificultade moitas veces para atopar onde aparcar, sobre todo en fin de semana e verán para aparcar, xa que a lóxica prohibición de non aparcar no casco histórico nunca foi acompañada do establecemento de zonas de aparcamento, por exemplo na rúa Extramuros ou San Martín, ou o campo da feira- rúa Álvaro Cunqueiro, zonas que serían moi propicias para esta función.

Por todo isto, Ribeiro en Común esíxelle ao goberno que estableza medidas favorecedoras para a veciñanza do casco histórico así como para a clientela do comercio asentado no casco histórico, como xa existen en outros municipios con zonas monumentais menos importantes.

Levamos toda a lexislatura poñendo en valor o casco histórico fronte ao abandono do actual goberno, este é un exemplo máis dese desinterese pola zona monumental, xa que a pesar do enorme valor dun dos mellores cascos históricos de Galicia o actual goberno nada fixo para o seu coidado e revitalización. Quizais pretende tapalo con anuncios preelectorais, pero a realidade é que ningunha mellora ou intervención real se levou a cabo en toda a lexislatura. A pesar de estar reclamada e solicita en moitas ocasións a Comisión de Tráfico preferiu omitirse e ignorarse.

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de  Ribadavia a adopción dos seguintes ACORDOS:

  1. Que o Concello de Ribadavia estableza zonas de aparcamento para veciños e veciñas censadas no casco histórico de Ribadavia, así como para o comercio local da zona monumental.
  2. Que o Concello estableza, en cando menos, na Rúa Extramuros- desde a Portanova en diante, Rúa San Martiño- praza dous canos, e zona do Campo da feira, zonas de aparcamento exclusivas para todos veciños e veciñas residentes no casco histórico así como para o comercio local asentado na zona monumental. Podendo existir máis zonas, e sendo estas zonas empregadas de maneira exclusiva ou mixta, debendo para elo ser introduzo na normativa de tráfico.

 

En Ribadavia a 15 de febreiro  de 2019.

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Ribeiro en Común informa: seguimos reclamando inversións no casco histórico de Ribadavia.

#RibeiroEnComún Informa:

1º Levamos toda a lexislatura reclamando inversións e melloras no noso Casco histórico, e así seguiremos, a última esta mesma semana.

2º O goberno ven de anunciar que o Concello Solicitou unha subvención para o Parque Robla, algo que levamos 4 anos reclamando e logrando aprobar iniciativas no Pleno municipal,  e sen embargo  foron ignoraaos polo actual goberno municipal, que preferiu gastar noutras cousas, desexamos e apoiaremos que lle dean esa subvención ao noso Concello, mais esa obra xa será realizada no ano que ven, despois das eleccións.

3º Consideramos que ese investimento debe ser aumentado pois a intervención no noso Casco histórico debe ser moito maior, sendo  ademais posible, como levamos reclamando nesta lexislatura.

Habendo moito máis, facemos unha rápida e breve Recapitulación:

Xullo de 2016.

https://ribeiroencomun.wordpress.com/2016/07/28/pleno-mes-de-xullo-en-ribadavia-mocions-de-ribeiroencomun/

http://ribadavia.es/wp-content/uploads/2016/08/PL20160728.pdf

“Moción para que desde o Concello se FAGA UN PLAN DE MELLORA DO CASCO HISTÓRICO DE RIBADAVIA.

O noso grupo ven reclamando en cada sesión plenaria propostas concretas de mellora e arranxo de diferentes zonas do noso casco histórico, xa que entendemos  que existen Zonas estratéxicas,  que cando menos, deben ser intervidas e melloradasr:

A porta nova. Mirador Madalena e parque Robla. Accesos ao río Avia (3) e tramo de paseo desde a ponte de San Francisco até a pasarela da Foz. Entorno da pasarela da Foz. Praza de San Xoán. Praza da Madalena. Entorno da Igrexa de Santiago.”

 

Xullo de 2017:

https://ribeiroencomun.wordpress.com/2017/07/28/propostas-e-rogos-presentados-por-ribeiro-en-comun-no-pleno-do-27-de-xullo-de-2017/

http://ribadavia.es/wp-content/uploads/2017/09/PLENO-27-XULLO.pdf

Moción no punto 4

E punto 6 dos Rogos e propostas: “Solicitamos de novo a limpeza e o arranxo da fonte situada no Parque Robla, que continuamente permanece sucia e en mal estado, de non ser posible este arranxo propoñemos a súa retirada, pois é contraproducente que continúe na mala situación actual. Así mesmo, tamén solicitamos que se proceda a mellora deste parque, xa que é unha das principais vistas visitadas no noso casco histórico desde o mirador da praza Buxán. Solicitamos tamén limpeza da muralla medieval situada nesta altura, pois atopase chea de maleza. A pesar de que no mes de xullo houbo diferentes traballos de limpeza e desbroce nesta zona, pasou a MIT e non se foi capaz de ordenar a limpeza da Muralla.”

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Información breve sobre o Proceso selectivo de 5 prazas de Policía Local en Ribadavia

#informando

decreto policia local

Despois de que  veciños e veciñas nos estean preguntando pola oferta de emprego de Policía local no Concello de Ribadavia, vemos preciso informar:

1º esta semana saíu publicada a Oferta en quenda libre de (2) Dúas prazas de axentes da policía local. DOGA martes 29 de xaneiro:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190129/AnuncioL369-090119-0001_gl.html

2º Ao dia seguinte, 30 de xaneiro, hai un novo Decreto de Alcaldía no que se rectifica a convocatoria e se amplía a 5, das cales só 3 son libres, e as 2 restantes son por concurso de méritos desde outros corpos de policía local. Pero é moi improbable que estas 2 se cubran por mobilidade horizontal (axentes de outros concellos opten a Ribadavia) , polo que todo parece indicar que finalmente (de ser así) as prazas libres ofertadas sexan 5.

A data de convocatoria e das datas das probas non están fixadas e dependerá dos seguintes prazos: 1) convocatoria nova no Boletín oficial en arredor de 20 días, 2) aprobación das Bases, 3) publicación e convocatoria no Boletín oficial. Polo que é de supoñer que as probas de acceso sexan arredor de principios de maio ou finais de abril, polo que todo parece indicar que poidan ser antes das eleccións de maio do 2019.

É de supoñer que o groso do temario (que será aprobado polo goberno local) sexa na súa maioría o troncal da AGSP: https://agasp.xunta.gal/es . Sendo sempre aconsellable nestes casos orientarse nunha Academia de oposicións.

O goberno local puido optar a que a Academia Galega de Seguridade Pública fixera todo o proceso selectivo, pero finalmente farase desde o propio Concello de Ribadavia.

Neste momento en Ribadavia temos só 3 axentes de Policía Local, estando un de baixa. O luns reclamaremos por Rexistro a contratación de cando menos 2 Auxiliares de Policía Local para reforzar a plantilla mentres non se incorporen os/as novos/as axentes.

 

Calquera dúbida que poidamos ir resolvendo facédenola chegar polos medios de sempre, ou a través do corro ribeiroencomun@gmail.com

 

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario